martes, 3 de mayo de 2011

Exposición Divulgativa sobre Atención Temperá. Santiago de Compostela



A exposición poderá visitarse do 3 ao 12 de maio en Área Central e a xornada informativa “Boas prácticas en atención temperá” celebrarase o 7 de maio no Cersia· Os interesados e interesadas poden inscribirse na xornada informativa no correo servizolocaldeemprego@santiagodecompostela.org

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, o nacionalista Xosé Manuel Iglesias, presentou en rolda de prensa unha campaña divulgativa da atención temperá, que consistirá en dúas accións: unha exposición en Área Central e unha xornada informativa no Cersia. Este programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

A Xornada interdisciplinar de Atención Temperá, organizada no marco do Proxecto Persoa IV que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica e Emprego desenvolverase o 7 de maio no Edifício Cersia baixo o título de “Boas prácticas en atención temperá”. “Os obxectivos desta campaña son analizar a importancia dos Equipos de Atención Temperá nas escolas, así como coñecer experiencias e boas prácticas na formación de profesionais”, explicou o concelleiro.

As persoas interesadas en participar nesta xornada poden inscribirse a través do correo electrónico servizolocaldeemprego@santiagodecompostela.org

Exposición

En canto ás actividades da Exposición Divulgativa sobre Atención Temperá, que se poderá visitar do 3 ao 12 de maio en Área Central, haberá unha área informativa, con información directa sobre Atención Temperá, mediante o equipo de Atención Temperá “Os Pasiños” e Orienta Asesores Educativos, e bibliografía para consulta a disposición das persoas visitantes.

Contarase tamén cunha área de xogo, cun espazo permanente “A importancia do xogo”, actividades para pais e nais baixo o epígrafe “Coñecendo o desenvolvemento do/a meu fillo/a”, que estarán organizadas polo Equipo de Atención Temperá “Os Pasiños”, e charlas-café “Pais e nais orientados/as”, organizado por Orienta Asesores Educativos.

Vía | Máis Compostela